abeleira

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Wikipedia-logo.png
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «abeleira».

Open book 01.png Substantivo feminino

Abeleira

abeleira f (sg: abeleira; pl: abeleiras)

  1. (Botánica) Arbusto caducifolio, monoico, da familia das betuláceas, Corylus avellana, frecuentemente cultivado, que acada de tres a cinco metros de altura (máximo, oito metros) e ten as abundantes pólas moi poboadas de follas largas, acorazonadas, e de bordos serrados; as flores, pouco vistosas e unisexuais, aparecen sobre as ramas formadas no ano anterior; as masculinas están reunidas en amentos colgantes, e xorden no verán, cando aínda están na planta os froitos, liberando o pole de decembro até a primavera; as femininas parecen xemas vexetativas, cos estigmas vermellos. O seu froito é a abelá. A madeira deste arbusto é dura, empregándose en cestaría e para facer aros de pipas e toneis.
    • Exemplo: A abeleira medra espontaneamente nos bosques frescos da rexión eurosiberiana, formando pequenos abeledos.
  2. (Botánica) Nome común doutros arbustos do mesmo xénero, como Corylus maxima, C. pontica e C. tubulosa, cultivados na CEI, en Turquía e nos EE.UU., que producen abelás de boa calidade comercial.

Sinónimos

Notas

  • 1. A abeleira, Corylus avellana, cultívase, polo menos, desde o século IV a.C.
  • 2. En Galicia abunda, silvestre, na parte media e nas serras orientais.

Traducións

Véxase tamén