abelá
do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Táboa de contidos |
Galego
Substantivo feminino
abelá (sg: abelá; pl: abelás)
- Froito da abeleira. É seco, monospermo e indehiscente, con pericarpo (casca) leñoso de cor marrón que encerra unha semente oleaxinosa case esférica ou algo oblonga, duns 2 cm de diámetro.
- Exemplo: Esta abeleira vella case non produce abelás.
- Semente deste froito, que é comestíbel.
- Exemplo: Tomamos uns viños con abelás torradas.
Nota
Moitos autores galegos escriben avelá (e aveleira, e aveledo) pero, segundo a etimoloxía (e pese ao seu nome específico, moderno), e de acordo co parágrafo 1.1 das NOMIG, debe ser abelá (e abeleira e abeledo).