Imperio ruso

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «Imperio ruso».
O Imperio ruso en 1867, antes da venda de Alasca

Topónimo

Imperio ruso

  1. (Historia) Estado que existiu oficialmente desde 1721 até 1917, cando desapareceu como consecuencia da Revolución rusa. Ao final do século XIX o tamaño do Imperio aproximábase aos 21 799 825 km2. De acordo co censo de 1867 a súa poboación acadaba as 128 200 000 persoas, das que as máis delas (93,4 millóns) vivían na Rusia europea. No Imperio convivían máis de 200 grupos étnicos.