Saltar ao contido

último

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Adxectivo

último (ms: último; mpl: últimos; fs: última; fpl: últimas)

  1. Que vén despois doutros nunha serie ou sucesións e que non é seguido de ningún máis. (Úsase tamén como substantivo)
    • Exemplo: Foi o último en chegar.

  2. Que é o máis recente, o máis próximo ao presente.
    • Exemplo: Non recordo quen foi o último Premio Nobel de Literatura

      .
  3. Definitivo
    • Exemplo: El ten a última palabra.

  4. Que é o máis afastado e escondido.
    • Exemplo: Vive no último curruncho da aldea.

Sinónimos

derradeiro

Antónimos

primeiro

Castelán

Adxectivo

último (ms: último; mpl: últimos; fs: última; fpl: últimas)

  1. Derradeiro (último dunha serie que non vai continuar).