xitano

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «xitano».
  • Pronuncia: /ʃiˈtano̝/ (AFI)

Substantivo masculino

xitano (ms: xitano; mpl: xitanos; fs: xitana; fpl: xitanas)

  1. Individuo dun grupo étnico que se cre orixinario da India, de carácter nómade e que vive principalmente no sur e leste de Europa, Asia occidental, Latinoamérica, nos Estados Unidos de América e no Oriente Medio.
    • Sinónimos: cigano, romaní.
    • Exemplo: Tradicionalmente os xitanos falan diversos dialectos da lingua romaní, unha lingua indoariana. A día de hoxe, a maioría dos xitanos falan a lingua dominante na súa rexión de residencia.

Traducións

Adxectivo

xitano (ms: xitano; mpl: xitanos; fs: xitana; fpl: xitanas)

  1. Relativo ou pertencente ao pobo mencionado.
    • Exemplo: Segundo o censo de 2000, en Galicia había unha comunidade xitana duns 9.000 individuo.

  2. Enganador.