víbora
Aparencia
Galego
- Pronuncia: /ˈbiβo̝ɾa̝/ (AFI)
víbora (sg: víbora; pl: víboras)
- (Zooloxía) Especie da subfamilia Viperinae de serpes pezoñentas das que existen diversas especies, de cores predominantemente pardas e cinsentas, xeralmente cun debuxo dorsal en zigzag, coa cabeza de forma triangular, ollos con meniña vertical e dous dentes ocos cos que inocula veleno. Xunto cos crótalos (subfamilia Crotalinae), forman a familia dos vipéridos (Viperidae).
- Persoa falsa.
Termos relacionados
- viperino
- áspide
- áspide europeo (Vipera aspis)
- víbora de Seoane (Vipera seoanei)
- víbora fociñuda (Vipera latastei)
Traducións
- Alemán: Kreuzotter (de).
- Castelán: víbora (es).
- Francés: vipère (fr).
- Inglés: viper (en), adder (en)
- Polaco: żmija (pl).
- Portugués: víbora (pt).
- Vasco: sugegorri (eu).