traballar para o inglés

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Locución verbal

traballar para o inglés

  1. Traballar para que logo sexa outro quen se leve tódolos beneficios.
    • Exemplo: Así como están as cousas, a xente mátase a traballar pró inglés.

Observacións

A expresión pode ter a súa orixe no século XV. Nesa altura, trala conquista de Ribadavia polo Duque de Lancaster a mediados do século, os ingleses comezaron a exportar grandes cantidades do viño de Ribeiro, ó norte da península e ás diferentes cortes europeas, facendo del un dos viños máis prezados e caros de Europa. Eran os ingleses os que controlaban todo o proceso comercial, desde a compra en orixe, fixando os prezos que querían, ata a distribución comercial, polo que todo o beneficio quedaba nas súas mans.

Traducións