siamés
Aparencia
Galego
- Pronuncia: /siaˈmes/ (AFI)
siamés (ms: siamés; mpl: siameses; fs: siamesa; fpl: siamesas)
- Relativo ou pertencente a Siam.
- Termos relacionados: tailandés.
- (Patoloxía) Dise da persoa que naceu unida ao seu irmán xemelgo por algunha parte do corpo.
Termos relacionados
Traducións
Relativo a Siam
siamés (ms: siamés; mpl: siameses; fs: siamesa; fpl: siamesas)
- (Xentilicio) Habitante ou natural de Siam.
- Termos relacionados: tailandés.
- (Patoloxía) Persoa que naceu unida ao seu irmán xemelgo por algunha parte do corpo.
- (Zooloxía) Gato siamés.