salmón

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «salmón».
  • Pronuncia: [salˈmoŋ] (AFI)

Substantivo masculino

salmón (sg: salmón; pl: salmóns)

  1. (Ictioloxía) (Alimentación) Salmo spp., en especial Salmo salar. Peixe da familia dos salmónidos, carnívoro e vigoroso, de corpo fusiforme, pel prateada con manchas negras e carne lixeiramente rosa, moi apreciado na gastronomía.
  2. Cor da carne deste peixe, entre laranxa e rosa.

Traducións

Adxectivo

salmón (sg: salmón; pl: salmóns)

  1. Coloreado con esta cor.

Véxase tamén