Saltar ao contido

románico

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «románico».
Crismón na fachada da catedral románica de Jaca (Huesca)
  • Pronuncia: /roˈmaniko̝/ (AFI)

Substantivo masculino

románico (ms: románico; mpl: románicos; fs: románica; fpl: románicas)

  1. (Arte) Estilo arquitectónico desenvolvido en distintos países da Europa cristiá durante os séculos XI e XII (e parcialmente o XIII). Caracterízase polo uso do arco de medio punto e a bóveda de canón.
    • Exemplo: O Románico aragonés presenta unhas características particulares.

Adxectivo

románico (ms: románico; mpl: románicos; fs: románica; fpl: románicas)

  1. (Arte) Pertencente ou relativo ó románico.
    • Exemplo: Teño miles de fotografías de capiteis e canzorros románicos.

    • Exemplo: A maioría das igrexas románicas de Galicia sufriron numerosas transformacións durante os séculos XVII e XVIII.

  2. Que vén do latín.
  3. (Lingüística) Relativo ou pertencente ás linguas que veñen do latín.

Termos relacionados

Traducións