prolapso mitral
Aparencia
Galego
- Pronuncia: /pɾoˈlapso̝miˈtɾal/ (AFI)
prolapso mitral (sg: prolapso mitral; pl: prolapsos mitrais)
- (Patoloxía) Valvulopatía (cardiopatía valvular) caracterizada polo desprazamento dunha valva anormalmente engrosada da válvula mitral, xeralmente, unha protrusión cóncava cara á cámara do atrio esquerdo durante a sístole, isto é, durante a contracción dos ventrículos do corazón.