Saltar ao contido

pousadoiro

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Pousadoiro á porta dun muíño de Lores (Meaño, Pontevedra)
  • Pronuncia: /powsaˈðojɾo̝/ (AFI)

Substantivo masculino

pousadoiro (sg: pousadoiro; pl: pousadoiros)


  1. Pedra ou lugar disposto para pousar a carga ou para erguela.
    • Exemplo: Lourenzo utilizaba o pousadoiro do muíño para descargar os sacos de millo.

    • Exemplo: A comitiva detívose onda o cruceiro para que o crego rezara un responso, colocando o cadaleito no pousadoiro que o cruceiro tiña ó pé.

    • Sinónimos: poio

Traducións