pillabán
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: de pillar.
- Pronuncia: [pi.ʎaˈβaŋ] (AFI)
pillabán (ms: pillabán; mpl: pillabáns; fs: pillabana; fpl: pillabanas)
- Que fai moitas trasnadas.
- Que emprega a astucia e mailo engano para conseguir o que quere.
- Sinónimos: arraposado, arteiro, astuto, cazurro, lagarteiro, loubán, pícaro, pillo, raposeiro.
pillabán (ms: pillabán; mpl: pillabáns; fs: pillabá; fpl: pillabás)
- Rapaz un pouco desvergonzado e traste que comete pequenas falcatruadas.
- Persoa que actúa con astucia ou malicia para lograr os seus obxectivos. .