Saltar ao contido

picadura

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /pi.ka.'ðu.ɾa̯/ (AFI)

Substantivo feminino

picadura
(sg: picadura; pl: picaduras)

  1. Acción e efecto de picar.
    • Exemplo: As picaduras dos mosquitos.

      .
  2. Burato pequeno nunha tea ou outra materia.
    • Exemplo: O mantel estaba inzado de picaduras dos cigarros.

      .
  3. Sinal deixa na pel a picadura dun insecto.
    • Exemplo: As picaduras dos mosquitos non me deixan durmir.

      .
  4. (Medicina) Carie que se forma nunha moa ou nun dente.
    • Exemplo: Miña neta xa ten unha picadura nun dente de leite.

      .
  5. Tabaco picado.
    • Exemplo: Na antiga Fábrica de Tabacos da Coruña producíase unha picadura moi aprezada.

      .

Sinónimos

picada, picadela

Termos relacionados

picadura ao cadrado, picadura en febra