Saltar ao contido

patoxénese

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Etimoloxía: de pathos (enfermidade) máis xénese (orixe, principio)

Substantivo feminino

patoxénese (sg: patoxénese; pl: patoxéneses)

  1. (Medicina) Parte da patoloxía que estuda a orixe e desenvolvemento das enfermidades, en particular o mecanismo de acción da causa que a provoca sobre o organismo enfermo.
    • Exemplo: Un coñecemento exacto da patoxénese da Covid permitirá descubrir un tratamento eficaz.

    • Sinónimos: patoxenia, nosoxenia

Termos relacionados

Traducións