Saltar ao contido

muiñada

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /muiˈɲaða̝/ (AFI)

Substantivo feminino

muiñada (sg: muiñada; pl: muiñadas)

  1. Xuntanza de mozos e mozas no muíño, coa excusa de esperar a quenda da moenda, amenizada con cantos, parrafeos e bailes.
    • Exemplo: Unha noite no muíño, unha noite non é nada. Unha semaniña enteira, iso si que é muiñada.

  2. Cantidade de millo que se leva ó muíño para moer.

Termos relacionados