Saltar ao contido

mudéxar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «mudéxar».
Torre mudéxar da Catedral de Teruel

Adxectivo

mudéxar (sg: mudéxar; pl: mudéxares)

  1. (Historia) Musulmán que podía vivir en terras conquistadas sen cambiar de relixión, aínda que debía pagar un tributo.
    • Observacións: Úsase tamén como substantivo: Os mudéxares eran desprezados tanto por cristiáns como por musulmáns
  2. Relativo ou pertencente ós mudéxares.
    • Exemplo: A arquitectura mudéxar en Aragón é espectacular.

  3. (Arquitectura, Arte) Estilo arquitectónico que mesturaba elementos, estilos e materiais románicos ou góticos con musulmáns. Desenvolveuse entre os séculos XIII e o XVI.
    • Observacións: Úsase tamén como substantivo.
    • Exemplo: No exame caeu unha pregunta sobre as torres mudéxares.

    • Exemplo: O mudéxar aragonés foi recoñecido como parte do Patrimonio da Humanidade.

Termos relacionados

Traducións