marabuto
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do francés marabout, do portugués maraboto, marabuto, do árabe marroquí مْرَابِط (mrabeṭ) (no árabe estándar مُرَابِط, murābiṭ).
- Pronuncia: /maɾaˈβuto̝/ (AFI)
marabuto (sg: marabuto; pl: marabutos)
- (Relixión) Líder e profesor relixioso musulmán, especialmente no Magreb, que podía ser ermitán ou vivir nunha especie de ermida ou fortaleza (ribat).
- (Relixión) Tumba dun personaxe destas características, santo para a relixión musulmá.