Saltar ao contido

mar enorme

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Expresión

mar enorme

  1. (Mariña) Estado do mar de grao 9, segundo a escala Douglas no que as ondas tornan tan altas que por veces as naves á vista desaparecen nos seus senos. O mar está cuberto de escuma branca disposta en bandas na dirección do vento e o ruído que se produce é forte e enxordecedor. O aire está tan cheo de salseiro, que a visibilidade dos obxectos afastados faise imposible. Acada ondas de máis de 14 metros.

Traducións