luceiro
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: de luz.
- Pronuncia: /luˈθejɾo̝/ (AFI)
luceiro (sg: luceiro; pl: luceiros)
- (Astronomía) Astro que brilla moito.
- (Astronomía) Venus visto ao amencer ou ao anoitecer.
- Termos relacionados: luceiro da alba, luceiro da mañá, luceiro da tarde.
- (Zooloxía) Vagalume.
- (Botánica) Herbácea anual pertencente á familia das ranunculáceas, con flores solitarias terminais, brancas e azuis, con follas lacinadas.