lirio

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «lirio».
  • Pronuncia: [ˈli.ɾjʊ] (AFI)

lirio1

Lirios, cadro de Vincent van Gogh.

Substantivo masculino

lirio (sg: lirio; pl: lirios)

  1. (Botánica) Planta da familia das iridáceas (Iris sp), de longas follas que nacen do pé e flores en acio terminal de diversas cores, naturais ou cultivadas. É propia das beiras de ríos e lagoas e solos húmidos en xeral.
    • Sinónimos: lis.
  2. Flor desta planta.
    • Exemplo: Regaloulle á nai un ramo de lirios.

lirio2

Substantivo masculino

lirio (sg: lirio; pl: lirios)

  1. (Zooloxía) Animal roedor de cor gris e rabo peludo (Eliomys quercinus).
  2. (Zooloxía) Especie de rata de hábitos campestres, de cor moura e coa cola máis curta cá rata común (Arvicola sapidus).
  3. Por extensión, rata.

lirio3

Lirio (Micromesistius poutassou)

Substantivo masculino

lirio (sg: lirio; pl: lirios)

  1. (Ictioloxía) Peixe mariño dos gádidos, Micromesistius poutassou (antes Gadus poutassou), de dorso acastañado, francos prateados e ventre branco, con tres aletas dorsais moi separadas. Resulta pouco apreciado.
    • Exemplo: No centro da mesa puxo un prato de lirios fritidos.

    • Sinónimos: mexete.

Traducións

lirio4

Substantivo masculino

lirio (sg: lirio; pl: lirios)

  1. Viscosidade, suciedade superficial.
    • Observacións: Recollido no Courel.

lirio5

Substantivo masculino

lirio (sg: lirio; pl: lirios)

  1. (Xogo e xoguete) Xogo infantil semellante á billarda.