lingua de ovella

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «lingua de ovella».
  • Pronuncia: /ˈliŋɡwa̝ðeoˈβeʎa̝/ (AFI)

Locución substantiva feminina

lingua de ovella (sg: lingua de ovella; pl: linguas de ovella)

  1. (Botánica) Planta herbácea vivaz sen talos ramificados e con talos florais que acadan 30–50 cm de altura, cun rizoma curto central do que agroman moitas raiciñas de cor amarela. As follas lanceoladas ou ovadas, longas, algo dentadas e radicais están dispostas nunha roseta basal no baseamento do talo, teñen de 3-7 nervacións lonxitudinais que se estreitan e continúan no pecíolo. A inflorescencia terminal é unha espiga densa con flores moi pequenas de cor branca ou purpúrea. A espiga é curta durante a floración e despois vaise alongando. O froito é un pixidio con 4-16 sementes.
  2. (Micoloxía, alimentación) Cogomelo da familia Hydnaceae, de talle medio, que se caracteriza polo seu himenio espiñento, de aí o seu nome. Os exemplares novos son de cor crema-abrancazada, collendo despois unha cor crema amarelenta a ocre pálida e finalmente na madurez unha cor parda arroibada-alaranxada. É comestíbel, de sabor agre e picante.

Traducións