Saltar ao contido

kumquat

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «kumquat».

Substantivo masculino

kumquat (sg: kumquat; pl: kumquats)

  1. (Botánica) Xénero de árbores froiteiras e arbustos orixinario da China, da familia das rutáceas, estreitamente emparentado cos cítricos (Citrus spp.). De feito moitas veces inclúese neste xénero como Citrus japonica, e son quen de hibridar nel.
  1. (Alimentación) (Botánica) Froito similar a unha laranxa pequena de diversas plantas do xénero Fortunella, en hesperidio, oblongo ou ovoide, de até 5 cm de longo, cuberto por unha magra e recendente pela comestíbel amarela, alaranxada ou arroibada. A polpa está segmentada en cuarteiróns, e é lixeiramente aceda.

Termos relacionados

Traducións