ichavo
Aparencia
Galego
- Pronuncia: /iˈt͡ʃaβo/ (AFI)
ichavo (sg: ichavo; pl: ichavos)
- Antiga moeda española de cobre, cun valor de dous maravedís, acuñada desde o reinado de Filipe III até mediados do século XIX. Recibe o seu nome por pesar orixinariamente un oitavo de onza, se ben co paso do tempo foi perdendo peso malia conservar o seu valor.
- Exemplo: Agora Bieito ten un ichaviño pendurado na súa leontina de ouro e ten unha mágoa na hucha do peito
(Castelao: Cousas, do relato "Cando Bieito quedou orfo"). - Exemplo: Ichaviño a ichaviño vou juntando un realciño
(Juan Sobreira Salgado: Papeletas de un diccionario gallego, 1792-1797). - Exemplo: O que ichavo nace nunca a carto chega
(Eladio Rodríguez González: Diccionario enciclopédico gallego-castellano, 1958-1961).
- Exemplo: Agora Bieito ten un ichaviño pendurado na súa leontina de ouro e ten unha mágoa na hucha do peito