Saltar ao contido

herexía

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «herexía».
A Igrexia combateu as herexías coa tortura e a morte
  • Pronuncia: /ɛɾeˈʃia̝/ (AFI)

Substantivo feminino

herexía (sg: herexía; pl: herexías)

  1. (Relixión) Crenza ou doutrina contrarias ó dogma oficial da relixión católica (e, por extensión, de calquera outra relixión).
    • Exemplo: Prisciliano foi executado no ano 385 acusado de herexía.

  2. (Figurado) Opinión ou práctica que vai en contra da opinión maioritaria.
    • Exemplo: Os primeiros pintores fauvistas tiveron que enfrontarse ás acusacións de herexía por parte da Academia.

    • Exemplo: Somos moitos os que pensamos que a restauración da fachada da catedral foi unha herexía.

Termos relacionados

Traducións