furón
Aparencia
Galego
- Pronuncia: [ fuˈɾoŋ ] (AFI)
furón (sg: furón; pl: furóns)
- (Zooloxía) Mustélido carnívoro, de pequeno tamaño e corpo fusiforme, domesticado desde hai varias xeracións. Ten as patas curtas, a cola longa como a metade do corpo, a cabeza pequena e cónica. Está cuberto dunha suave pelaxe cinsenta.
Traducións
- Nome científico: Mustela putorius furo.
- Asturiano: furón (ast).
- Castelán: hurón (es).
- Francés: furet (fr).
- Kotava: abrikol (avk)
- Portugués: furão (pt).