formigo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Galego

Open book 01.png Substantivo masculino

formigo


singular plural
formigo formigos
  1. (Veterinaria) Denominación popular común a diferentes patoloxías que sofre o gando vacún nos pezuños.
    • Observacións: Caracterízase por unha necrose, dexeneración e focos purulentos no rodete posterior da planta do pezuño, na unión da uña coa pel ou no espazo interdixital. Cursa sempre cunha tumefacción circunscrita, quente e moi dolorosa, con claudicación da pata afectada e coxeira.
    • Exemplo: A enfermedá chamada formigo ou lagartixa dálle nos cascos, entre as uñas. Solta coma faíscas, coma unha fariña blanca, que lle come os pés.
  2. (Medicina) Infección purulenta na pel do dedo, localizada nos bordos da uña.
  3. (Zooloxía) Tipo de leite segregado no momento do parto e durante os primeiros 2-4 días do puerperio, de cor amarelenta e máis denso có leite maduro.
    • Sinónimos: costro, leite costro, leite tenreiro.
    • Observacións: É especialmente rico en anticorpos cuxa misión é proporcionar inmunidade pasiva ó neonato e protexelo ante as enfermidades ata que sexa quen de producir os seus propios anticorpos. Tamén é máis rico en proteínas có leite normal. Outras denominacións populares son costros e costre. Co costro da vaca fanse unhas filloas especiais chamadas formigos.

Traducións