Saltar ao contido

etéreo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Etimoloxía: do latín aetherius ou aethereus, á súa vez do grego antigo αἰθέριος (aithérios), de αἰθήρ (aithér), "éter", de αἴθω (aítho), "iluminar", en última instancia do protoindoeuropeo *aydʰos-.
  • Pronuncia: [e'te.ɾe.o] (AFI)

Adxectivo

etéreo (ms: etéreo; mpl: etéreos; fs: etérea; fpl: etéreas)

  1. Propio de ou relativo ao éter.
  2. De consistencia leve ou gasosa, ou inmaterial, ou dunha materialidade quintaesenciada.
  3. Algo sutil ou moi rarefeito, impreciso, vago.
  4. (Por extensión) Propio de ou relativo ao ceo. (uso literario).

Sinónimos

2-3. incorpóreo, rarefacto, sutil, tenue, volátil

4. celeste, celestial

Traducións

Castelán

  • Etimoloxía: do latín aetherius ou aethereus, á súa vez do grego antigo αἰθέριος (aithérios), de αἰθήρ (aithér), "éter", de αἴθω (aítho), "iluminar", en última instancia do protoindoeuropeo *aydʰos-.
  • Pronuncia: [e'te.ɾe.o] (AFI)

Adxectivo

etéreo (ms: etéreo; mpl: etéreos; fs: etérea; fpl: etéreas)

  1. Etéreo.

Portugués