embalaxe

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Mercadorías nas súas embalaxes, nun almacén
  • Etimoloxía: de embalar

Substantivo feminino

embalaxe (sg: embalaxe; pl: embalaxes)

  1. (Alimentación) Caixa ou recipiente para conter envases de alimentos ou outros produtos, co obxectivo de facilitar o almacenamento, transporte ou distribución.
    • Exemplo: Tivo que devolver varias caixas de galletas porque as embalaxes estaban molladas.

  2. Acción e efecto de embalar unha mercancía.

Observacións

  • Mentres que o envase entra en contacto directo co alimento e se considera unha unidade de venda, a embalaxe contén un número variable de envases e non está destinada ó consumidor final.

Termos relacionados

Traducións