envasado
Aparencia
Galego
envasado
- Acción e efecto de envasar un produto antes de poñelo á venda.
- Dise dun produto introducido no seu envase de tal forma que constitúe unha unidade de venda.
Traducións
- Castelán: envasado.
Notas
Non se considera envasado o feito de envolve-lo produto unha vez realizada a venda.
Cando se refire a un produto alimenticio, enténdese que esta unidade de venda está destinada a ser presentada ó consumidor final ou ás colectividades sen ningunha transformación posterior. O envase pode conter total ou só parcialmente o produto pero debe garantir que non se pode utilizar ou manipular este sen abrir ou rompe-lo envase.
Pintos (1865) daba envasado co significado de "empañado", pero neste caso a forma correcta sería embazado.