diacronía
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do francés diachronie, e este do grego antigo διά diá, 'a través de', e χρόνος chrónos, 'tempo', e -ie, '-ía'.
- Pronuncia: /di.a.kɾɔ.'ni.a̯/ (AFI)
diacronía
(sg: diacronía; pl: diacronías)
- (Lingüística) Maneira de considerar os feitos lingüísticos desde o punto de vista da súa evolución no tempo.
- (Socioloxía) Estudo da evolución no tempo dos feitos sociais.