deca-
Aparencia
Galego
Etimoloxía: do grego antigo δέκα, deka, dez.
deca-
- Definición impropia: Elemento compositivo de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de «dez», indicando a existencia de dez elementos, partes ou unidades dunha mesma clase.
- Exemplos: decálogo, decaedro, decágono, decápodo, decasílabo.
- (Metroloxía) Prefixo do Sistema Internacional de Unidades que, anteposto ao nome dunha unidade de medida, indica que esta se multiplica por dez (10¹). O seu símbolo é da.
Termos relacionados
- Elementos compositivos numerais relacionados: octa-, octo-, enea-, nona-, endeca-, dodeca-.
- Outros prefixos do Sistema Internacional de Unidades: deci-, hecto-, quilo-.
- Palabras formadas con este elemento: decaedro, decagonal, decágono, decálogo, decámetro, decápodo, decasílabo, decagramo, decalitro.
- Numeral relacionado: dez.
Traducións
- Alemán: deka- (de)
- Castelán: deca- (es)
- Catalán: deca- (ca)
- Francés: déca- (fr)
- Grego: δεκα- (el)
- Inglés: deca- (en)
- Finés: deka- (fi)
- Italiano: deca- (it)
- Coreano: 데카 (ko)
- Portugués: deca- (pt)
- Ruso: дека- (ru)
- Xaponés: デカ (ja)
Véxase tamén
Referencias
- Definicións no Dicionario da Real Academia Galega para deca-.
- «deca-» no DIGALEGO, Ir Indo.
