Saltar ao contido

diario

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Etimoloxía: de día
  • Pronuncia: /diˈaɾjo̝/ (AFI)

Adxectivo

diario (ms: diario; mpl: diarios; fs: diaria; fpl: diarias)

  1. Que ten lugar tódolos días.
    • Exemplo: A ducha diaria non logra consenso entre os dermatólogos.

Substantivo masculino

diario (sg: diario; pl: diarios)

  1. Publicación que se edita tódolos días, con novas, reportaxes e outros artigos.
    • Exemplo: Gustábame ler o diario mentres tomaba o café.

    • Sinónimos: periódico, xornal.
  2. Escrito que recolle o sucedido día a día.
    • Exemplo: Publicou unha edición comentada do 'Diario de Ana Frank'.

Termos relacionados


Castelán

Substantivo

diario

  1. Xornal (publicación diaria).