Saltar ao contido

curro

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /ˈkuro̝/ (AFI)

Substantivo masculino

curro (sg: curro; pl: curros)

  1. Recinto pechado pequeno instalado ao aire libre, canda a casa, para gardar os apeiros de labranza ou os animais.
  2. Lugar pechado no monte para recoller animais temporalmente.
  3. Operación de marcar, separar e rapar os cabalos salvaxes que viven no monte.
  4. Festa na que se desenvolve o curro3.
  5. Lugar pequeno e apartado agochado dentro dun lugar maior.
  6. Esquina, canto

Traducións


Castelán

Substantivo masculino

curro (sg: curro; pl: curros)

  1. (Coloquial) Traballo, emprego.
    • Exemplo: Marcho al curro, que no quiero volver a llegar tarde.

    • Tradución: Marcho ao traballo, que non quero volver a chegar tarde.