cruz

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Galego

Wikipedia-logo.png
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «cruz».
Cristo na cruz, de Velázquez.
Moeda italiana de 1 euro

Open book 01.png Substantivo feminino

cruz (sg: cruz; pl: cruces)

  1. (Xeometría) Figura xeométrica formada por dous trazos ou liñas que se cortan perpendicularmente, salvo excepcións, quedando un dos trazos, ou os dous, dividido pola metade.
    • Exemplo: Por favor, asine na cela marcada cunha cruz.
  2. Instrumento formado por un madeiro vertical, cravado no chan, e outro horizontal, menor, atravesados en ángulo recto, utilizado para axustizar os condenados a morte.
  3. (Relixión) Representación da cruz na que foi crucificado Cristo. Identifica os cristiáns.
    • Exemplo: Unha sinxela cruz de madeira indicaba o lugar onde o soterraran.
  4. (Economía) Reverso das moedas. O nome vénlle do uso deste espazo para representar escudos de armas, divididos en cruz.
    • Exemplo: Nas moedas de euro, o motivo representado na cara é comun para toda Europa, pero o da cruz é característico de cada país.
    • Sinónimos: reverso.
    • Antónimos: anverso, cara.
  5. (Botánica) Parte da árbore na que o tronco comeza a ramificarse.
    • Exemplo: Adoitaba subir ata a cruz do carballo, e así pasar desapercibido.
  6. (Figurado) Sufrimento penoso e prolongado. Traballo dificultoso.
    • Exemplo: Mirando o seu fillo drogadicto, pensaba ¡que cruz!
  7. (Tipografía) Signo en forma de cruz que se coloca xunto ó nome dunta persoa para indicar que morreu.

Observacións

Baixo na forma de A Cruz, O Cruz, Cruz de/do (seguido dun elemento identificador), Cruces e As Cruces existen numerosos topónimos en Galicia.

Open book 01.png Locución

Traducións