Saltar ao contido

corredor

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «corredor».
  • Pronuncia: /koreˈðoɾ/ (AFI)

Adxectivo

corredor (ms: corredor; mpl: corredores; fs: corredora; fpl: corredoras)

  1. Que corre.
  2. (Zooloxía) Dise do animal, especialmente ave, apto para correr, como a avestruz ou o kiwi.


Substantivo masculino

corredor (ms: corredor; mpl: corredores; fs: corredora; fpl: corredoras)

  1. Persoa que corre nunha carreira.
  2. Persoa que ten por oficio intermediar en operacións mercantís.
  3. (Mariña) Parte lateral da cuberta dunha embarcación, que vai de proa a popa, pola que se pode transitar.
  4. (Arquitectura) Espazo exterior dunha casa, abeirado pola cuberta e con varanda pola parte de fóra, que percorre a fachada principal.
  5. (Arquitectura) Paso ou espazo máis ou menos estreito e longo que comunica as distintas partes dunha casa, ou as vivendas dun edificio ou partes doutras construccións.
  6. (Xeografía) Franxa de territorio empregada ou cedido para certos usos, como de paso e acceso a outro sitio.
  7. (Arqueoloxía) Paso estreito que leva á cámara ou anta megalítica.
  8. (Ornitoloxía) Ave da familia dos glareólidos
  9. (Historia) Pregoeiro público oficial dun municipio ou doutra administración que tiña como traballo comunicar ou difundir avisos e disposicións.

Termos relacionados

Traducións

Referencias