Saltar ao contido

comparsa

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Substantivo feminino

comparsa (sg: comparsa; pl: comparsas)

  1. (Etnografía) Grupo de persoas que, disfrazadas no desfile do Entroido, forman un conxunto temático.
    • Exemplo: As comparsas de Cádiz son todo un espectáculo.

    • Termos relacionados: Entroido
  2. (Teatro) Personaxe ou grupo de persoas que, nunha obra de teatro, acompaña ós personaxes principais pero sen intervir.
    • Exemplo: A miña única experiencia no teatro foi de comparsa nunha obra de Bretch.

  3. (Figurado) Persoa ou colectivo que cumpre un papel secundario en calquera actividade.
    • Exemplo: Si, eu ía nas listas electorais, pero como simple comparsa.

Traducións