comadre

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Substantivo feminino

comadre (sg: comadre; pl: comadres)

  1. (Socioloxía Madriña do bautizo, dito en relación co padriño ou en relación ós pais da criatura.
    • Exemplo: Comadres e compadres deixaban de atuarse a partir do bautizo, para pasar a tratarse de vostede.

    • Termos relacionados: compadre, padriño
  2. (Socioloxía Veciña ou amiga coa que se ten especial confianza.
    • Exemplo: Miña comadre Manoela, non hai muller como ela: os ósos dállos ó home e a carne cómea ela.

    • Observacións: A palabra comadre foi elixida Palabra do Ano en 2022 pola Real Academia Galega en base a esta segunda acepción.

Termos relacionados

Traducións