cirrípedes
Aparencia
Galego
- Pronuncia: /θiˈripe̝ðe̝s/ (AFI)
cirrípedes (sg: cirrípede; pl: cirrípedes)
- (Zooloxía) Infraclase de crustáceos mariños da clase dos maxilópodos e da subclase dos tecóstracos. Os seus membros máis coñecidos son os percebes, pero a clase inclúe outras especies como os arneiros ou o percebe da madeira. A especie representativa é o percebe común (Pollicipes pollicipes).