cinguir
Aparencia
Galego
- Pronuncia: /θiŋ.ˈgiɾ/ (AFI)
cinguir
- Axustar alguén algo ao redor doutra cousa.
- Exemplo: Cinguiu a correa á cintura. Cinguiu o vestido. O herdeiro cinguiu a coroa ao morrer seu pai
.
- Exemplo: Cinguiu a correa á cintura. Cinguiu o vestido. O herdeiro cinguiu a coroa ao morrer seu pai
- Rodear algo de maneira máis ou menos axustada a outra cousa.
- Exemplo: Aquel vestido cinguía esaxeradamente as súas cadeiras. Un foso cingue o castelo
.
- Exemplo: Aquel vestido cinguía esaxeradamente as súas cadeiras. Un foso cingue o castelo
- Unir cun vínculo a alguén ou a algo.
- Exemplo: Unha estreita irmandade cingue aos galeguistas.
- Navegar a vela de maneira que a dirección da quilla e a do vento formen o menor ángulo posíbel.
- Exemplo: Ían cinguindo sen que a vela ondease
.
- Exemplo: Ían cinguindo sen que a vela ondease