Saltar ao contido

che

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Grafías semellantes:     ché


Galego

Pronome

  • Etimoloxía: De te.
  • Pronuncia: /t͡ʃe̝/ (AFI)
  1. Definición impropia: Forma átona da segunda persoa do singular, usada para se referir a aquel a quen se fala ou escribe, cando gramaticalmente desempeña a función de complemento indirecto sen preposición.
  2. Definición impropia: (Dialectal) Emprégase en certas zonas no canto do pronome te, agás nos casos nos que este tén valor reflexivo.


Exemplos e citas: ¿Qué che importan as horas?—O bosque, Luis Pimentel, (Sombra do aire na herba, Vigo, Galaxia, 1959).

Observacións

  • Cando concorre cos pronomes átonos de terceira persoa o, a, os e as, xorden as contraccións cho, cha, chos e chas.

Traducións

Véxase tamén


Interxección

  • Pronuncia: /ˈt͡ʃɛ/ (AFI)
  • Definición: Emprégase para apelar afectivamente un interlocutor ó cal se atúa: Vente, che.

Sinónimos

Véxase tamén