cartilaxe
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do latín cartilagine(m).
- Pronuncia: /kaɾtiˈlaʃe̝/ (AFI)
cartilaxe (sg: cartilaxe; pl: cartilaxes)
- (Anatomía) Tecido conxuntivo modificado, sen vasos sanguíneos nin nervios, que constitúe a maior parte do esqueleto fetal e que, nos adultos, cobre o óso nas superficies articulares e tamén está presente nalgúns órganos, como no caso dos aneis da traquea.
- Termos relacionados: Na forma primitiva grega, khondros, actúa como prefixo de diferentes palabras relacionadas coa cartilaxe: condral, condrite, condrosarcoma, etc.