caqui

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «caqui».

caqui1

[2]
  • Pronuncia: /ˈkaki/ (AFI)

Substantivo masculino

caqui (sg: caqui; pl: caquis)

  1. (Botánica) (Diospyros kaki) Árbore de folla caduca da familia das ebenáceas, orixinaria de Asia.
  2. (Botánica, Alimentación) Froito producido pola planta anterior, entre o outono e o inverno, segundo a variedade, consistente nunha baga comestible, de cor alaranxada, de sabor doce e polpa moi zumarenta cando está ben maduro.

caqui2

  • Pronuncia: /ˈkaki/ (AFI)

Substantivo masculino

caqui (sg: caqui; pl: caquis)

  1. Cor amarelenta verdosa, tirando ao marrón.

Adxectivo

caqui (ms: caqui; mpl: caquis; fs: caqui; fpl: caquis)

  1. Desta cor.

Exemplo