Saltar ao contido

biomasa

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «biomasa».
Ademais das bacterias, a biomasa viva total estímase en 550 ou 560 mil millóns de toneladas, a maioría dos cales se encontra en bosques
  • Pronuncia: /bjɔ.ˈma.sa/ (AFI)

Substantivo feminino

biomasa (sg: biomasa; pl: biomasas)

  1. (Bioloxía) e (Ecoloxía) A biomasa é a masa dos organismos presentes nunha área ou ecosistema nun momento determinado. O concepto de biomasa pode referirse á biomasa de especies, que é a masa dunha ou máis especies, ou á biomasa da comunidade, que é o total da masa das especies dunha comunidade. A biomasa inclúe a todos os dominios, desde os microorganismos, até as plantas e animais.