batea
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do árabe battiya.
- Pronuncia: /baˈtea̝/ (AFI)
batea (sg: batea; pl: bateas)
- (Mariña) Artefacto flotante pero fondeado permanentemente, no que se realiza o cultivo de certas especies mariñas, fundamentalmente algúns moluscos bivalvos (mexillón, ostra ou vieira). Consta dun enreixado de madeira do que colgan as cordas nas que medra o molusco.
Sinónimos
Termos relacionados
Observacións
- Viveiro tamén pode considerarse sinónimo de batea, pero existen outras formas de viveiro, en terra, que non corresponden ás estruturas descritas.