aurícula
Aparencia
Galego
- Pronuncia: /awˈɾikula̝/ (AFI)
aurícula ----
singular | plural |
aurícula | aurículas |
- (Anatomía) Cada unha das dúas cavidades superiores do corazón. O sangue chega ó corazón polas aurículas, pasa ós ventrículos e desde aí é impulsado ós órganos do corpo.
- Termos relacionados: válvula mitral, válvula tricúspide, ventrículo.
- (Botánica) Pequeno apéndice que ás veces nace na base do limbo das follas.
- (Anatomía) Pavillón auditivo externo.
- Sinónimos: orella.