atado de herbas

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Locución substantiva masculina

atado de herbas (sg: atado de herbas; pl: atados de herbas)

  1. (Alimentación) Conxunto de herbas aromáticas destinado a temperar pratos e mollos en diversas receitas culinarias, principalmente caldos, sopas e estufados. Pode estar constituído por un grande abano de ingredientes, tales como loureiro, pirixel, tomiño, apio, romeu, a folla do allo porro... Estes poden ser atados nun molliño cun fío de cociña, ou ben ser introducidos dentro dun saquiño de gasa. Internacionalmente é coñecido na gastronomía polo seu nome en francés bouquet garni.

Traducións