Saltar ao contido

arenque

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «arenque».
  • Pronuncia: /aˈɾɛŋke̝/ (AFI)

Substantivo masculino

arenque (sg: arenque; pl: arenques)

Arenque
  1. (Ictioloxía) Peixe mariño teleósteo, da familia dos clupeidos (Clupea harengus), de cor azulenta polo lombo e prateado no ventre. Semella á sardiña pero é de maior tamaño, e a aleta dorsal está situada máis posteriormente.
    • Exemplo: Os arenques afumados estaban exquisitos.

Observacións

Segundo Eladio Rodríguez González, "Llámanse también arenques en Galicia las sardinas grandes saladas o ahumadas; las pequeñas saladas y secas, aunque no estén ahumadas, y las que se preparan en los píos de las fábricas de salazón, espichándolas luego y colocándolas después simétricamente en tabales para prensarlas y ponerlas a la venta".

Traducións