anhídrido carbónico
Aparencia
Galego

Pronuncia: /a.'ni.ðɾi.ðo̯ kaɾ.'βɔ.ni.ko̯/ ou /a.ˈŋi.ðɾi.ðo̯ kaɾˈβɔ.ni.ko̯/ (AFI)
anhídrido carbónico
- (Química) Gas incoloro, inodoro e insípido que se produce pola oxidación completa do carbono nos procesos biolóxicos e industriais tales como o lume ou a respiración humana, composto de moléculas con dous átomos de osíxeno e un de carbono, de fórmula molecular CO₂.
Sinónimos
gas carbónico, dióxido de carbono, xeo seco
Observacións
Desde 2005, segundo as normas da IUPAC, o seu nome oficial é dióxido de carbono.
