angüílidos
Aparencia
Galego
- Pronuncia: /aŋ.ˈɡwí.li.do̯s/ (AFI)
angüílidos
- (Zooloxía) a dos angüílidos (Anguillidae) son unha familia de peixes teleósteos da orde dos angüiliformes que inclúe un só xénero, Anguilla, coñecidos vulgarmente como anguías. Son peixes eurihalinos que pasan parte da súa vida no mar e outra parte nos ríos, con comportamento catádromo. Están distribuídos pola maior parte das aguas tropicais e temperadas excepto no leste do océano Pacífico e no sur do Atlántico.